Sistema de Xestión de Calidade e Medioambiente
Dende a Dirección de Voladuras Carmona enfocamos o Sistema de Xestión de Calidade e Medioambiente
como unha maneira de organizar a nosa vida empresarial, fundamentando nalgúns pilares básicos como son a calidade dos nosos servizos e procesos,
a mellora continua da eficacia, a satisfacción do cliente e a proactividade no cuidado do Medioambiente que nos rodea.
Por todo isto, na Dirección establecemos unha Política de Calidade e Medioambiente baseada nos seguintes fundamentos e compromisos:
-
A Calidade, o Medioambiente e a súa mellora son responsabilidade de todos os integrantes da empresa,
comezando pola propia Dirección.
-
A Calidade e o Medioambiente son aspectos no afán por manterse nunha posición competitiva dentro do mercado.
-
A Calidade obtense non inspeccionando senón planificando, executando, revisando e mellorando
o Sistema de Xestión de Calidade e Medioambiente para previr os posibles erros.
-
A Calidade está orientada cara a satisfacción de todos os nosos clientes, mediante o compromiso de toda a organización
en cumprir coas necesidades e os requisitos marcados por estos, así como cos requisitos legais e reglamentarios relacionados co noso servizo.
-
Estrito cumprimento dos requisitos medioambientais de aplicación. Dedicación para mellorar continuamente o noso desempeño e
previr a contaminación, especialmente no uso racional dos recursos naturais.
-
Xestionar, de forma adecuada e respetuosa co medio ambiente, os residuos xerados a consecuencia da nosa actividade,
proxectar en todo momento unha imaxe de respeto e cuidado ao medio ambiente e utilizar de forma racional os recursos naturais,
tratando de minimizar o seu consumo a través da implantación de boas prácticas ambientais.
-
Sensibilizar e proporcionar formación e medios aos nosos empregados para que colaboren activamente nesta causa.
-
A Calidade está apoiada nun plan de mellora continua, tanto dos procesos como da eficacia do Sistema de Xestión de Calidade e Medioambiente,
no que previr os erros sexa un aspecto fundamental.
-
A Calidade require da participación e colaboración de todos, polo que é esencial ter en conta a
motivación, formación e a comunicación.